EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
“Castelao” é a primeira obra feita para a infancia baseada na mesma etapa vital do xenio galego. Nela, Alfonso Daniel converterase nun neno divertido, alegre e aventureiro, que se deixará ver por vez primeira o 31 de marzo no Auditorio Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Esta proposta -con texto de Paula Carballeira e Cris Collazo, e Mónica Camaño en escena- está dirixida por Fina Calleja, que explica que xogan coa fantasía porque “Castelao tamén foi neno”.
Como xurdiu a idea de facer unha obra teatral sobre Castelao dirixida en exclusiva á infancia?
A proposta nace de Culturactiva, a empresa produtora deste espectáculo, despois dunha experiencia deliciosa ao redor da figura de Rosalía sobre un texto de Nate Borrajo e eu mesma. Ámbalas dúas obras tentan recuperar dúas figuras senlleiras da nosa cultura como Castelao e Rosalía de Castro.
O feito de mostralo coma un neno axuda a conectar co público infantil?
Por suposto, o feito de presentar como nenos a estes personaxes que están tan elevados, que os rapaces coñecen polo que escoitan nas novas, na televisión e na propia escola, garante unha identificación. Trátase de que eles recoñezan en si mesmos esa capacidade, ese impulso de crear a través da palabra, da imaxe, de confiar nos seus propios talentos. Conectamos cos máis cativos a través do xogo, do enredo e da fantasía que asumimos que tamén tiña que ter Castelao cos mesmos anos, porque Castelao tamén foi neno. Polo tanto, as estratexias e a maneira de encarar a vida é exactamente a mesma.
A realización desta obra é tamén unha forma de fortalecer entre os nenos o uso do galego?
Unha historia tan máxica, cuns acabados onde todo se coida, e contada en galego, fai que os nenos e os espectadores vexan que a nosa lingua é un idioma de prestixio e unha canle de comunicación. Sen imposición, presentada de maneira moi natural, polo tanto eu penso que é unha estratexia fantástica.
Como se explican nunha obra infantil temas da complexidade do exilio ou as ideas políticas?
O texto de Paula e a posta en escena subliñan o que vai ser a figura de Castelao e que está conectado coa raíz, con estar apegado ao seu territorio, á súa terra, con ter un espírito crítico sobre o que significa a emigración. El, dun xeito natural, ten que asumir que vai emprender unha viaxe a Arxentina para coñecer ao seu pai porque na nosa terra non hai diñeiro. É unha fuxida da miseria que se vivía nesa época. Este espectáculo conecta á cativada co ideario de Castelao; que ten que ver coa emigración, coa identidade propia e o seu sentimento de pertenza a Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último