Limitou o seu presuposto a 163.000 euros, 22.000 menos que en 2010

O Fito reduce actuacións para manter a calidade

O Festival Internacional de Teatro (Fito) fai fronte este ano ó reto de manter a calidade con menos orzamento -22.000 euros de diferencia coa edición anterior-. As aportacións das administracións van dende os 105.000 euros do Concello ós 28.000 da Deputación, os 20.000 do AGADIC, 7.000 do Ministerio de Cultura e 3.000 da Vicerreitorado da Universidade. A fórmula elixida para conservar a esencia do certame foi 'reducir o número de compañías', segundo salientou a directora, Ánxeles Cuña.
A crise económica está 'ameazando a oferta cultural', explica Cuña, que defende que proxectos deste tipo repercuten 'positivamente no comercio, na hostalaría, noutras empresas e na proxección da cidade. Veñen espectadores doutras zonas de Galicia e en menor grao doutras comunidades. Estamos a falar de rendibilidade material e inmaterial'. Por iso, a consolidación do Fito dependerá, di a súa directora, 'da resposta do público e do interese das institucións por seguir apoiando a posibilidade de que a cidadanía ourensá poida seguir gozando deste patrimonio'.

Te puede interesar