CONCURSO FOTOGRÁFICO

"Amores perros"

635955573689041335w
photo_camera Fotografía titulada "Amores Perros" del fotoperiodista pontino Brais Lorenzo.

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu este martes a entrega de premios da primeira edición deste certame fotográfico

Este martes o Salón de Plenos acolleu a entrega de premios do I Concurso de Fotografía Mascotas Adoptadas Responsablemente, organizado polo Concello de Ourense. Os premiados nesta primeira edición do certame foron:

1º premio (500 euros): “Unha rubia tirada na praia”, de Miguel Tirado Val

2º premio (200 euros): “Amores Perros”, de Brais Lorenzo Couto.

Ademáis, recibiron accesits (70 euros cada un):

“Tres días”, de Lois Anxo Cid García

“Copito”, de Oscar López Novoa

“Vagalume”, de Hector Novoa Pérez

“Mi segunda oportunidad”, de Ana Belén Gómez Couceiro

A concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, agradeceu a participación neste certame posto en marcha polo actual goberno municipal e invitou "a seguir concienciando aos ourensáns na adopción de mascotas, porque se trata de compartir vida”. Tamén anunciou que as fotografías gañadoras serán expostas o vindeiro día 7 na rúa do Paseo e que este ano, por primeira vez, a Semana da Saúde contemplará un paseo con mascotas adoptadas o vindeiro domingo 17 de abril.

Te puede interesar