Fran Pérez e Manecas Costa presentan esta noite o proxecto conxunto ‘Aló Irmao’

O cantante, compositor e guitarrista Manecas Costa, natural de Guinea Bissau, compartirá hoxe escenario co músico galego Fran Pérez, coñecido como Narf, para presentar na cidade o seu proxecto común ‘Aló Irmao’, avalado polo trunfo no seu estreno en Santiago de Compostela. O concerto, organizado pola Concellaría de Cultura dentro do seu programa de verán ‘Estivalia’, terá lugar na praza da Madalena ás 23,00 horas.
A voz e os ritmos africanos de Manecas Costas fusiónanse neste proxecto co incansable espírito aventureiro de Fran Pérez. ‘Aló Irmao’ foi grabado o pasado mes de xuño no Teatro Principal de Santiago, nun espectáculo que celebrou a diferenza.

Tamén ás 23,00 horas, pero desta vez na praza de San Martiño, e mañá venres, proxectarase unha nova sesión audiovisual. O filme escollido é Matar a todos.

Nun intento de ofertar espectáculos para todos os públicos, onte presentouse na praza da Imprenta o espectáculo musical ‘Patatín e Patatán’, da man do grupo Mamacabra.

Te puede interesar