O futuro da raza rubia galega está na innovación

O conselleiro de Medio Rural visitou onte unha explotación gandeira no concello de A Peroxa.
photo_camera O conselleiro de Medio Rural visitou onte unha explotación gandeira no concello de A Peroxa.
A mellora do vacún permitirá ganar calidade en varios produtos lácteos

A Xunta impulsará a recuperación da liña materna da raza de vacún Rubia Galega para a elaboración de queixos con selo de calidade. Así o anunciou o conselleiro do Medio Rural, José González, na visita a unha explotación do Concello da Peroxa, onde mantivo un encontro con gandeiros acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos.

En concreto, este proxecto “seleccionará un grupo de exemplares de Rubia Galega do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) para recuperar a aptitude maternal das vacas desta raza, avaliando o potencial do leite para a elaboración de queixos de calidade e ampliando o período de lactación dos becerros”. 

Así o explica Medio Rural, que salienta a resposta aos intereses demandados tanto polo sector transformador -as denominacións de orixe dos queixos galegos- como polos produtores -a Asociación de criadores de raza Rubia Galega (Acruga), a IXP Ternera Gallega e os gandeiros-. Dotada con 250.000 euros, a iniciativa implica tanto ao CIAM como á sociedade Xenética Fontao, xa que no estudo se supervisarán os marcadores e valores xenéticos dos animais.

O conselleiro José González avanzou que se iniciará a Estratexia da carne, que contemplará “un programa de iniciativas para impulsar este sector primordial do noso agro, incentivando aos produtores e fomentando o consumo de carne”. 

Indicou que “tamén se está a levar a cabo a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia”.

Te puede interesar