ENTREVISTA

“En Galicia temos unha forte carencia de 
publicacións en aberto"

XESÚS FARIÑAS
photo_camera XESÚS FARIÑAS

O sociólogo Juan Romay Coca imparte clases no Campus de Soria dende o 2010 pero as súas raíces están en Ourense. Tralo éxito do seu libro "La comprensión de la tecnociencia", decidiu crear "Cómaros", unha revista interdisciplinar de pensamento galego.

Como xurdiu Cómaros?

Fai tempo na editorial TresCtres houbo unha revista que se chamaba "Roteiros". Por desgracia, a editorial desapareceu pero quedou a idea de continuar o proxecto. Foi entonces cando falando con David Casado, profesor da Facultade de Educación do Campus de Ourense, plantexámonos retomalo pero dándolle un xiro distinto. Por exemplo, Roteiros era en papel e Cómaros, en dixital porque notamos que hai unha forte carencia de publicacións en acceso aberto en Galicia.

Cal é a temática da revista?

Non existe unha concreta senón que se recolle o pensamento feito en Galicia e en galego. Para amosar o estilo da revista fixemos un monográfico sobre Leonardo Da Jandra, un intelectual moi descoñecido. É mexicano e pasou a súa infancia na Pobra do Caramiñal. Un tipo raro, que viviu incluso entre sicarios e cun pensamento moi peculiar. El consideraba que o mundo ten moitas cousas negativas e fai un pensamento moi desgarrado, pegado á terra, procurando elementos para a que a persoa poida ser salvada. O seu libro "Filosofía para náufragos" recolle este aspecto.

Por que o nome de “Cómaros"?

Por un lado, para lembrar a Aquilino Iglesia co seu libro "Cómaros verdes", pero tamén coa idea de subir un chisco sobre o nivel ao que están os demais para ollar un pouco mellor á realidade, sen pre- tensión de estar por encima de ninguén. O termo cómaros fai refe- rencia a unha pequena elevación. Subimos e dende aí miramos. É unha ollada humilde, un símil.

Cal foi a súa aportación na revista?
Fixen un traballo sobre Otero Pedrayo. A revista é filla da Xeración Nós e Pedrayo é ineludible. Tiña a necesidade de retomar aspectos que non se teñen estudado del como o seu modo de facer ciencia e coñecemento. Coido que Pedrayo non é doado de resumir e, ao meu ver, enlaza perfectamente con outro traballo que estou desenvolvendo sobre a alta Modernidade, o outro Barroco, que non é o que imperou e no que os sentimentos están presentes, existindo outro modo de facer ciencia.

Qué obxectivos se marcou coa revista?
Pretendo que Cómaros sexa unha ponte non só con América senón con outras partes do mundo. Tamén, resaltar a autores que moitas veces non son coñecidos e son ac- tuais. Sempre se fala de Pedrayoo

Risco ou Rosalía pero faltan os actuais. A idea é estudar a Chao Rego ou a Esperanza Guisán. En Galicia, temos xente moi interesante e parece que está un pouco escondida ou, polo menos, sobre a que non se ten traballado o suficiente.

Por que existe carencia de publicacións en aberto?
Galicia ten un punto conservador no seu facer e porque para moita xente é un risco. O mundo dixital ten o problema de que pode ser xaqueado e botar polo chan todo o traballo feito. O físico é máis estable. Curiosamente, en Madrid e Barcelona hai dúas revistas, Madrigal e Abriu, respectivamente, en acceso aberto nas que se publican textos en lingua galega.

Te puede interesar