Os grupos municipais acordan estudar a obra dun párking en Os Remedios

Ningún grupo do goberno local dudou na necesidade da obra no entorno do Pavillón de Os Remedios e supeditaron a aprobación a informes técnicos favorables. Os votos positivos de Democracia Ourensana e o PSdeG e as abstencións do PP e de Ourense en Común aprobaron a moción.

A moción presentada por Democracia Ourensana de reordenar o espazo urbano da zona de Os Remedios aprobouse con 14 votos a favor (DO-PSdeG) e 13 abstencións (PP e Ourense en Común). Todos os grupos avanzaron na necesidade dun aparcamento para os cidadáns, pero os informes técnicos serán os que teñan a última palabra.

"Esto ven de atrás. Do 1 do abril deste ano. ", empezou dicindo Martiño Xosé. "Pasaron sete meses, e o alcalde empeza a pensar hai que aprobar o PXOM, os soterrados, a Praza da Ponte, hai que... hai que... esta moción é un deses hai que. Naquel pleno avanzábase de propoñer un párking. Pero nós pensamos que eran necesarios uns informes técnicos favorables. Ourense en Común non ía posicionarse, aínda que sabemos que é necesario un aparcamento naquela zona. Mentras non se vai avanzando no ordenamento e o desbloqueo, nos facemos unha proposta e é o de copiar noutras cidades. A entrada de Ponte Pedriña en Santiago de Compostela. ¿Para qué? Para aproveitar o tempo, mentras non se aproba a ordenanza. Concordamos de pleno ca moción e ca proposta pero temos que esperar os informes técnicos favorables", continou.

O mesmo sentido tiña a exposición do socialista Javier Re: "O fondo de cuestión sempre é o mesmo. Nos estamos dacordo ca moción. Naquel tempo estábamos pendentes da ley. O problema de fondo é o de completar accións. A obra é moi complicada porque é unha zona sensible. Naquel pleno, decíamos que non partíamos de cero. Había un estudo que se fixo na época de goberno socialista contemplábanse tres actuacións. Cada unha, tiña un informe. A máis apropiada era debaixo do centro de sáude do Couto. Para resolver o tema dos usuarios de Os Remedios era un aparcamento máis próximo. A nós, parécenos estupendo a obra. E imos apoiar esta moción, sempre cos informes positivos".

O edil popular Pepe Araujo comentó que "esta moción non é nova. É unha cuestión obvia e evidente pero ten a súa complexidade. Non se solucionou esta cuestión. Que solucionemos esta cuestión nun momento curto é complicado. É unha cuestión de eficicencia que é criticable. Hai técnicos municipales que están traballando neste tema. Consultando cos técnicos, hai que decir que o chan é urbano. A vixente lei posibilitan os aparcamentos nestes ámbitos, sempre que se obtivesen os informes favorables. Coincidimos na necesidad dun aparcamento". O edil Pepe Araujo puxo unha enmenda dunha modificación presupuestaria para "levar a cabo a moción".

Sobre a enmenda do Partido Popular dunha ampliación orzamentaria

Os ediles Domingo Castro, Javier Rey e Martiño Vázquez reixeitaron a enmenda popular da amplicación presupuestaria. Os votos de toda a oposición negou a enmenda popular que non modificou a moción inicial.

Te puede interesar