Homenaxe a Bóveda no Día de Galicia Mártir

Como representante da cidade que o viu nacer, a concelleira de Cultura e alcaldesa en funcións, Isabel Pérez, estivo onte en Pontevedra participando na homenaxe que a cidade do Lérez lle dedicou ó escritor Alexandre Bóveda no Día de Galicia Mártir.
Os actos tiveron lugar no monte da Caeira, sito na parroquia de San Salvador de Poio, onde foi fusilada, fixo onte 75 anos, unha das figuras fundamentais do galeguismo contemporáneo. A celebración na que participou Isabel Pérez consistiu nunha ofrenda floral no cemiterio de San Amaro, onde está enterrado Bóveda. Momentos despois, os participantes trasladáronse á rúa Curros Enríquez de Pontevedra para compartir unha homenaxe con diferentes personaxes da cultura galega.

Alexandre Bóveda foi nomeado fillo predilecto da cidade de Ourense, a título póstumo, en decembro do ano 2003, por 'unha vida dedicada na súa totalidade á defensa da identidade e liberdade galegas'. Co gallo deste 75 aniversario do seu fusilamento ó comezo da Guerra Civil, o Concello de Pontevedra programou unha serie de actos nos que Ourense quixo estar presente. A cidade, pola súa banda, réndelle homenaxe ó escritor o día sete de xuño, coincidindo co aniversario do seu nacemento.

Te puede interesar