Homenaxe socialista a Blanco Amor polo seu 125 aniversario

Acto na honra de Blanco Amor.  XESÚS FARIÑAS
photo_camera Acto na honra de Blanco Amor. XESÚS FARIÑAS
O PSdeG  reivindicou onte a Eduardo Blanco Amor no 125 aniversario do seu nacemento, cun roteiro da Esmorga guiado por Afonso Vázquez Monxardín e un acto na súa honra na praza Bispo Cesáreo, na escultura que o homenaxea. Durante o evento, fixéronse faladoiros “sobre a importancia de Eduardo Blanco Amor para a cultura Galega, para Ourense e para o colectivo Lgtbi”. A secretaria municipal socialista, Natalia González, definiuno como “referente literario, persoa ilustre e que forma parte da historia da nosa Auria”. González defendeu que a agrupación municipal ten claro que “o noso ADN é galeguista”.

Te puede interesar