Ideas cara á igualdade global

Los participantes y organizadores del proyecto, con el alcalde, Luis Menor, en al albergue de Ordelles.
photo_camera Los participantes y organizadores del proyecto, con el alcalde, Luis Menor, en al albergue de Ordelles.
A asociación Sustinea vén de rematar en Pereiro de Aguiar o seu proxecto internacional para compartir experiencias e reflexións arredor do ecoloxismo, os dereitos LGBT e a oposición ao colonialismo dende unha perspectiva transfeminista.

A expectación no interior do albergue de Ordelles, en Pereiro de Aguiar, foi incrementando mentres non chegaba un invitado de honor: “He’s not the mayor”. Non é o alcalde, Luis Menor, dicían, cada vez que entraba unha nova visita. Os presentes eran traballadores de asociacións xuvenís  procedentes de cinco países: 22 representantes de entidades con cadansúa sede en Italia, Bulgaria, Lituania, Grecia e España reunidos para facer unha posta en común e intercambiar ideas e experiencias en materia de igualdade, diversidade e medio ambiente.

Desde o 11 de agosto, os presentes participaban na formación sobre igualdade de xénero e medio ambiente que organizaba a asociación Sustinea, co financiamento do programa europeo Erasmus+ e o apoio do Concello.

A entidade estaba a realizar o seu quinto e último día do entrenamento “Perspectiva de xénero cara á sostenibilidade e o cambio social”. Onte realizaban unha actividade teatral para reflexionar sobre como actuar ante situacións de vulneración de dereitos humanos. 

Raquel Gómez, da organización deste proxecto internacional, expoñía os piares centrais do programa: un feminismo que vela polas mulleres trans, o medio ambiente, as diferentes sexualidades e os pobos colonizados. Neste obradoiro buscan ser conscientes dos privilexios que a sociedade, sistemática e historicamente, concede a certos individuos en detrimento de colectivos oprimidos.

“The mayor is here now!”. Por fin chegou o alcalde, Luis Menor, para agradecer aos traballadores internacionais a súa labor de implicación coa igualdade: “Os nosos obxectivos son atraer a experiencia de persoas de diversos países e estimular a interacción co noso pobo, moi emigrante e hospitalario”.

Así, Pereiro exporta novas ideas como as que leva consigo a italiana Giada di Gennaro, voluntaria nunha asociación de inclusión social na cidade sureña de Bari, que destaca, en castelán: “Me pareció muy importante aprender sobre los círculos de justicia restaurativa, una alternativa a la justicia penal, para gestionar un conflicto de manera no punitiva”. Leva de volta novas ferramentas e coñecementos para ampliar o debate e a actividade cara unha sociedade máis inclusiva e xusta.

Te puede interesar