IDIOMA

Os II premios Youtubeir@s, unha aposta polo galego nas redes

Dende o concello invitan os veciños a participar neste certame que aspira a encher internet de vídeos en galego

A II edición dos Premios Youtubeir@as ten como finalidade promover e visibilizar o uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado a nivel global, coñecida como Youtube. O Concello de Ourense aproveitou para convidar a cidadanía a participar neste certame que aspira a encher internet de vídeos producidos en galego. 

As persoas interesadas en presentar as súas propostas teñen de prazo ata o xoves, día 15 de marzo. O concurso conta con tres modalidades: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos e canle. Os participantes optan a tres premios de 1.000 euros e cinco de 500 euros. 

A categoría vídeo-facermos inclúe os vídeos nos que se amosen os saberes e procesos de elaboración a través de titoriais para que outra xente os poida aprender. Deste xeito, entrarían nesta categoría as receitas de cociña, habilidades especiais, trucos de maxia...

Pola súa parte, a modalidade vídeo-opinarmos recolle todos aqueles vídeos que expoñen unha opinión sobre un tema de interese de temática libre. 

Ademais, tamén se pode presentar o certame unha canle propia de vídeos, sempre que sexan de producción propia. 

O xurado valorará o enxeño, creatividade, calidade técnica e eficiencia comunicativa. 

Te puede interesar