Os ingresos do camping foron de 16.000 euros no Carballiño

As contas do Padroado Municipal de Turismo do Carballiño 'poden ser consultadas pola oposición nas oficinas de Intervención do Concello', aclarou onte o responsable desta concellería, Manuel Dacal, ante as reclamacións do PP sobre o balance deste organismo.
O edil socialista expuso que o orzamento do Padroado 'é de 44.500 euros, dos cales 22.889 euros son os gastos do persoal que está contratado' no seu departamento, mentres foron 16.000 euros os ingresos acadados durante o ano pasado polo camping municipal.

O voceiro 'popular', Argimiro Marnotes, asegurou que 'esas son as contas que presenta o señor Dacal, que fai e desfai ó seu antoxo coma substituto dun Padroado que hai máis de dous anos que non se reúne'.

Te puede interesar