Breve

Inician os labores de restauración no Calvario de Pumar

As obras de restauración do conxunto escultórico do Calvario de Pumar deron comezo onte no concello de Taboadela.
Na súa primera fase, a intervención consistirá na limpeza e retirada de toda a vexetación, musgos e liques que cubren o cruceiro, eliminándoa de maneira manual  coa axuda de ferramentas non agresivas, como cepillos de cerdas e espátulas de madeira. Esta intervención deberá ser en profundidade, procurando eliminar tamén as raíces das plantas superiores existentes entre as xuntas co obxectivo de evitar futuros rebrotes.

Unha vez terminados estos traballos de limpeza, aplicarase en toda a superficie do cruceiro un herbicida de baixo impacto ambiental.

Despois, valorarase o desmontado das cruces para levalas ao taller. Por último, substituiranse as cuñas de ferro dos fustes por cuñas de cuarcita, entre outros traballos.

Te puede interesar