Termalismo

O Inorde busca reactivar os recursos termais da provincia

A técnica Carmen Pardo, a xerente de Inorde, Emma González, o seu presidente, Rosendo Fernández, e J.M. Andrade.
photo_camera A técnica Carmen Pardo, a xerente de Inorde, Emma González, o seu presidente, Rosendo Fernández, e J.M. Andrade.
A reunión cos concellos marcou o plan de traballo para suavizar as consecuencias da crise no sector

O Inorde e a rede de concellos termais da provincia analizaron durante a reunión de traballo que acolleu onte o Centro Cultural Marcos Valcárcel o Plan de Sustentabilidade Turística "Ourense provincia termal". Esta xuntanza lévase a cabo trala decisión de retomar dito plan por parte da Deputación e a Xunta. 

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, a súa xerente, Emma González, o director da fundación Juana de Vega, Jose Manuel Andrade, e a técnica que dirixirá a redacción do proxecto, Carmen Pardo, presentaron aos alcaldes e representantes dos quince concellos ourensáns participantes as liñas de acción deste plan de traballo, considerado "un instrumento esencial para a reactivación do sector trala crise sanitaria". 

Turismo sostible

Son un mecanismo de colaboración coas comunidades autónomas e entidades locais, no marco das directrices xerais da Estratexia de Turismo Sostible de España 2030.

O Inorde, organismo adscrito á Deputación, será o ente encargado de canalizar a solicitude, xa que entre as súas funcións está a de impulsar o desenvolvemento do potencial turístico da provincia. A fundación Juana de Vega colaborará na organización do plan.

Tralo resumo das accións recollidas no documento elaborado o pasado ano, na reunión analizouse a actualización do mesmo, co obxectivo de presentar á nova convocatoria un plan de acción que contribúa a impulsar o desenvolvemento de destino mediante a vertebración das áreas rurais dotadas de recursos termais na provincia. Esta iniciativa pretende reactivar o sector turístico da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, medioambiental e territorial. 

Os concellos que forman parte deste plan son Arnoia, Bande, Baños de Molgas, Boborás, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños, Punxín, Ribadavia e Verín. Estas entidades locais presentarán as súas propias iniciativas, que serán avaliadas para a súa inclusión no plan. 

Te puede interesar