Afondará en proxectos de colaboración internacional con países como Hungría, Polonia, Bulgaria e Romanía

O Inorde xestionará un presuposto de 3.318.951 euros no vindeiro ano

José Manuel Rodríguez, José Manuel Freire y José Luis Baltar. (Foto: Arquivo)
Os orzamentos do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde) para o vindeiro ano ascenderán, en termos absolutos,a 3.318.915 euros. Esta cifra vén dada polo orzamento ordinario do organismo (2.579.000 euros), máis a suma da anualidade dos convenios aprobados pola Xunta de Galicia e dos proxectos acordados coa Unión Europea. As contas, segundo os seus responsables, están equilibradas para atender as necesidades existentes, ainda que condicionadas pola reducción de ingresos nun periodo de crisis. De feito baixan 340.740 euros, un 11 por cento, respecto aos do año 2010.
A programación asinada coas consellerías de Medio Rural e Traballo incrementará en 121.285 euros as contas. Asemade, os proxectos de cooperación transfronteiriza e interrexional da Unión Europea aportarán 618.666 euros auxiliares. No ano 2011, segundo fontes do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico, presentaranse diante das institucións comunitarias 'proxectos deseñados con outros socios interrexionais de países da ampliación, como son Polonia, Bulgaria, Romanía e Hungría, no ámbito do desenvolvemento rural, empresarial e turístico'. Por outra parte, as aportacións ao instituto dende a Deputación de Ourense redúcense en 382.690 euros.

O capítulo dous, correspondentes a gastos correntes e servizos (cos que se garante o funcionamento dos centros que dependen do Inorde, a promoción de productos ourensanos ou a xestión de fondos europeos), é o que experimenta unha reducción máis relevante, ao pasar de 866.500 a 684.500 euros, un 21 por cento menos. No caso do capítulo oito, o dos activos financieros, as partidas directamente desaparecen (nas contas deste ano consignáranse 54.000 euros).

O apartado de persoal representa a partida máis importante en termos cuantitativos: 1.204.781 euros.

As transferencias a organismos e entidades abarcarán nesta ocasión o Padroado de Turismo, a Universidade de Vigo, as asocacións provincias, centros comerciais abertos, mancomunidades e entidades para o desenvolvemento territorial. O orzamento previsto para estas partidas ascenderá a 377.052 euros, o que implica unha caída do 7,8% respecto ao ano 2010.

No apartado de investimentos e proxectos da Unión Europea, correspondentes ao capítulo seis dos orzamentos, o Inorde disporá de 282.666 euros.


PADROADO DE TURISMO

As contas do Padroado Provincial de Turismo experimentan un axuste que sitúan a súa marxe económica en 267.705 euros, un 37 por cento menos que neste ano. Os ingresos chegan da Deputación (130.587 euros), Novacaixagalicia (26.117), a Cámara de Comercio (13.058) e o propio Inorde (97.940). Os gastos previstos máis relevantes destinaranse a eventos, publicidade e promocións (151.000 euros), así como a feiras e congresos (110.000).

Te puede interesar