Baltar pide al arzobispo, en la entrega del Premio Ourensanía, que interceda para que el papa visite la Comunidad y Ourense

José Rodríguez Carballo: 'Acepto ser o embaixador de Galicia no Vaticano'

O Mosteiro de Oseira foi escenario onte dunha homenaxe ó ministro xeral da Orde Franciscana dos Frades Menores e Arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, nomeado polo papa Francisco secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.
O premio Ourensanía, que otorga a Deputación de Ourense, é un recoñecemento aos que levan 'os valores da ourensanía a unha relevante dimensión internacional', salientando neste caso a súa 'obra teolóxica e o seu labor monacal, a súa defensa da identidade do noso, especialmente no ámbito da cultura e da lingüa propia de Galicia', segundo manifestaba a portavoz, do xurado,Eva Torres, ó ler a acta.

Os monxes de Oseira daban a benvida ós numerosos invitados que asistiron a este evento promovido pola Deputación provincial que, segundo o presidente, Manuel Baltar, 'é, a ourensanía, o que nos distingue, o que nos caracteriza', engadindo que 'contamos cunha visión integral de provincia, nunca illada, sempre universal, que soubo trascender grazas ao exemplo de moitos'. Nese senso sinalaba que 'valoramos aos ourensáns que triunfan e non renuncian ás súas orixes'.


A RIBEIRA SACRA

O presidente provincial pediu na entrega do premio a Rodríguez Carballo -unha copia da acta do xurado e unha figura de bronce de Xosé Cid- que interceda na declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, e que o papa Francisco visite Galicia e tamén deixe 'a súa pegada en Ourense'.

O mantedor do premio foi Luis González Tosar, quen sinalou que a Ourensanía 'é unha marca de xente indómita e laboriosa', invitando a monseñor Carballo a ser 'dende hoxe o embaixador de Ourense no Vaticano'. Posteriormente, o galardoado facía referencia ás súas orixes de neno labrego no pobo de Lodoselo (Sarreaus), destacando os valores da provincia, da súa xente e do seu patrimonio, a súa riqueza termal e a súa arte sacra, asegurando que se sinte 'plenamente galego e cidadán universal'. O galardoado recolleu a invitación de Tosar, sinalando que 'acepto con gusto ser o embaixador de Galicia ante o Vaticano'.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez, valorou o premio porque 'distingue a aqueles que encarnan os valores dunha provincia dende a que Galicia, ao longo da súa historia, se ten proxectado como universal'. Tamén subliñou que Rodríguez Carballo recolle a testemuña dunha longa lista de ourensáns que 'contribuiron a converter a ourensanía nun compromiso coa terra e nunha alianza con Galicia'.

O gaiteiro Marco Foxo abriu cunha peza o acto, que tras os discursos e a entrega do premio foi clausurado pola Coral De Ruada. Seguidamente, os asistentes tiveron a ocasión de escoitar á Real Banda de Gaitas da Deputación.

Te puede interesar