Investigadora

LAURA CAMPO: 'Quen non ve como fan as cousas fora non avanza, irme foi o mellor que fixen'

A investigadora Laura Campo, onte en Ourense (Foto: JOSÉ PAZ)
Laura Campo é doutora en Física Aplicada pola Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Hoxe exerce o labor de investigadora no Centro de Estudos de Fenómenos de Transporte, da Universidade do Porto.
Cales son as liñas de investigación nas que traballa?
O grupo ó que pertenzo baséase no estudo da influencia das propiedades do sangue, que é un fluído viscoelástico, na formación e ruptura de aneurismas cerebrais. A primeira etapa da investigación trata de conseguir un análogo do sangue que posúa as mesmas propiedades, viscosidade e elasticidade. Unha vez conseguido, trátase de ver a influencia deste líquido nas paredes das arterias.

E que supón na práctica?

É un avance enorme porque, por agora, non se sabe cal é a causa real dos aneurismas. Con esta investigación, agardamos coñecer a razón exacta da súa formación. Nós facemos algo de simulación porque podemos pasar os estudos a un software de programación e intentar recrear a formación dun aneurisma.

Estudo o fluxo do líquido, que é un comportamento físico e cunhas propiedades que non se estudan noutras titulacións do eido sanitario.

Os dous grupos son moi bos e de moito nivel. A diferencia está no diñeiro. O de Bélxica recibía moitos máis fondos e no de Portugal témonos que administrar mellor.

Considérase unha víctima da famosa fuga de cerebros?

Non, porque eu tiña a oportunidade de continuar no Campus de Ourense, onde o meu contrato non vencía ata dous anos despois. Pero pensaba que índome tería máis oportunidade de aprender. Irme é o mellor que puiden facer e debería facelo todo o mundo. Quen non ve como se fan as cousas fóra, non avanza.

Xente coma vostede vese hoxe en día obrigada a irse.

Iso é moi grave. Non me parece nada ben que agora se estea reducindo aínda máis o investimento en ciencia. Hai xente moi preparada e debe verse como unha oportunidade de futuro. Por unha banda faltan investimentos, pero tamén hai que saber aplicalos e comprobar que se están gastando no que se debe.


Foi protagonista dun programa de TVE sobre investigadores españois. Diría que nos serven estas iniciativas como exercicio de autoestima?


Si, pero tamén significa un xeito de demostrar que a ciencia non é ningún pasatempo

Te puede interesar