Laura Nóvoa: "Pretenden facer aceptar un proxecto que non ten nada que ver co inicial"

Ourense. 04-11-16. Local. Pleno ordinario no concello de Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Laura Nóvoa, a edil de Democracia Ourensana.

A voceiro de Democracia Ourensana lamentou que se "trate de politizar á plataforma cando dende un primeiro momento se desvinculou da política"

Para a voceiro de Democracia Ourensana, Laura Nóvoa, a negativa do alcalde a apoiar a manifestación da próxima semana "é máis do mesmo que a vai nos plenos" e que representa o apoio do edil a "un goberno galego do PP que non ofrece para Ourense o que necesita".

Dende DO criticouse que a Xunta "pretenda facer aceptar un proxecto que non ten nada que ver" coas reivindicacións dos pais e lamentou que se "trate de politizar" á plataforma "cando dende un primeiro momento se desvinculou da política".

"Os pais non aceptaron e o conselleiro de Política Social e o alcalde tratan de dicir que é un tema que está politizado", considerou Nóvoa.

A voceiro de DO insistiu en que se o conselleiro ten interese en facer o centro que demanda a plataforma, "por que non se reúne coas familias e lles di que terán o que piden".

Te puede interesar