Obituario

Lembranza agradecida ao doctor José Fernández

En el centro, el doctor José Fernández, en un acto de homenaje a los fundadores de la Academia Médico Quirúrgica. (Foto: AMQ)
photo_camera En el centro, el doctor José Fernández, en un acto de homenaje a los fundadores de la Academia Médico Quirúrgica. (Foto: AMQ)
Home culto, tertuliano diario no Liceo e humanista que desprendía bonhomía, estaba impregnado dunha xenerosidade enorme

Coñecín ao Dr. José Fernández (Pepe Fernández) da man de meu pai no ano 1971. Foi na consulta médica que o Dr. Fernández atendía na rúa do Paseo, á que meu pai acudiu aqueixado dunha doenza dixestiva. Impresionoume a súa presenza, o seu falar pausado, a rigorosidade dos seus procedementos e a tranquilidade que transmitía aos que iamos en busca dunha solución. Recordo que mentres non se resolveu a situación, o Dr. Fernández chamaba todos os días á nosa casa de Bande para interesarse pola evolución de meu pai, do que era un gran amigo.

Aló polos anos 80, este médico humanista tivo a brillante idea de incorporar ao Hospital Santa María Nai (antigo Hospital Provincial), do que era xefe do Servizo de Medicina Interna, a unha serie de profesionais para cubrir a ampla variabilidade das patoloxías que se engloban dentro da Medicina Interna. Foi, sen dúbida, o primeiro paso para o desenvolvemento de especialidades médicas no antigo Hospital Provincial, que logo tería unha importancia capital para a mellora da asistencia sanitaria en Ourense.

Pepe Fernández rodeouse dun gran equipo de facultativos: xente capacitada, moi traballadora e que exercía unha medicina cercana. Preocupouse pola súa formación, ilusionounos a todos co seu proxecto e configurou un equipo insuperable. 

Cando lle chegou o tempo da súa retirada foi xeneroso. Transmitiu todo o seu coñecemento e estratexia ao seu sucesor, o Dr. Manuel de Toro, quen rematou a consolidación de especialidades e mesmo foi quen de transformalas ou de elevalas a xefaturas de servizo.

Grazas a Pepe Fernández e ao seu traballo puidemos dar pasos importantes en Ourense no ámbito da asistencia sanitaria. Abordouse un proceso de sectorización no que distribuímos a carga asistencial da provincia, que maioritariamente incidía na residencia sanitaria (así se coñecía antes).  Baixaron de xeito importante as listas de espera e a presión asistencial de urxencias repartiuse e reduciuse considerablemente. E algo tamén importante: puidemos crear novas unidades como Oncoloxía, Medicina Nuclear, Psiquiatría de agudos, etc. Un cambio significativo que agora permitiu a unidade de recursos coa creación da área de xestión.

Teño claro que a aportación de Pepe Fernández á sanidade ourensá é, con seguridade, a máis importante dos últimos 50 anos. A súa visión estratéxica e a súa capacidade formativa permitiu que, hoxe, os que foron os seus discípulos e colaboradores sigan prestando unha asistencia de calidade no noso complexo hospitalario. Cónstame que o Dr. Fernández sentíase moi orgulloso de todos eles.

Home culto, tertuliano diario no Liceo e humanista que desprendía honhomía, Pepe Fernández estaba impregnado dunha xenerosidade enorme que o levou a dalo todo en favor dos ourensáns.

Posuidor de grandes valores e de carácter profundamente familiar, Pepe Fernández superou moitas adversidades ao longo da súa traxectoria persoal e profesional, pero non foi quen de sobrepoñerse logo da perda de Pilar, a súa compañeira de sempre.

Hoxe, no momento da despedida definitiva, e no nome de todos os ourensáns, cómpre dicirlle: Moitas grazas, Pepe Fernández.




El doctor Manuel de Toro: “fue como mi segundo padre"

A morte de José Fernández deixa un inmenso oco en todos os profesionais que compartiron o camiño con el e na vida social de Ourense –entre outras cousas, foi presidente do Liceo–. O falecido foi mentor de varias xeracións de ourensáns, e supuxo un exemplo na práctica médica e no trato aos pacientes. Durante a xornada de onte, moitos foron os compañeiros que amosaron as súas condolecias á familia.

O doctor Manuel de Toro, xa xubilado, recorda a Fernández dun xeito moi especial: "Fue como mi segundo padre, yo llegué a Ourense desde Coruña, y él me acogió de forma amable y generosa, porque él era así, un hombre sencillo, comprometido, cercano". De Toro garda o recordo dun xefe que non só traballaba máis co resto –"Cuando llegábamos todos por la mañana, él ya estaba esperándonos en la silla"–, senón que centraba a súa profesión no paciente. "No le importaba a quién atendía, era generoso con todos, ayudaba a todo el que podía", apunta De Toro.

O sanitario recorda o equipo de traballo do que formou parte e só garda "buenos recuerdos": "Nosotros trabajamos mucho, y siempre con la premisa de que teníamos que hacer las cosas bien. Él siempre se mantuvo, incluso dentro de su consulta privada, al día en los últimos métodos de diagnóstico". Fernández, despois de xubilado, seguiu traballando na súa consulta –moi coñecida na provincia– ata os 80 anos. "Él no va a morir porque su recuerdo siempre permanecerá con todos los que lo conocimos, era una persona muy especial, de las que siempre te acordarás". 

Te puede interesar