O colexio Salesianos de Ourense presentou unha compilación de textos elaborados por ex alumnos do centro que chegaron a ter peso nas letras galegas. Neles contan como lles influíu para o futuro o paso por estas aulas.

As lembranzas de Salesianos

Xosé Manuel Pacho, Juan Carlos González, Lupicino Peña, Caneiro e Diego Ameixeiras. (Foto: JOSÉ PAZ)
A educación que se recibe dende pequenos marcará, en bo grao, a persoa que se será ao chegar á idade adulta. Baixo o eslogan 'Deixando pegadas' os escritores Xosé Luis Méndez Ferrín, Ramón Caride, Carlos Vila Sexto, Xosé Carlos Caneiro, Xosé Manuel Pacho e Diego Ameixeiras compartiron os seus testemuños e recordos sobre a época que pasaron no colexio Salesianos nun libro recopilatorio promovido polo centro. Ca perspectiva dos anos, contan como o que son hoxe en día está estreitamente relacionado cos pasos que deron neste centro ourensán
Todos lembran con nostalxia uns anos nos que descubriron quen querían ser e quenes serían. Esta compilación de experiencias vitais pretende, non só retratar e conmemorar o centenario de Salesianos en Ourense, senón tamén dinamizar a lingua e, polo tanto, a cultura propia de Galicia.

O escritor Xosé Manuel Pacho estudou 12 anos neste centro. Foi neste tempo, segundo explica, cando se 'namorou da lingua galega'. Comprendeu entón que a cultura galega era igual á cultura que se construe en castelán. Na súa época de estudante, o galego tiña protagonismo no eido oral, 'na miña casa falábase galego', conta Pacho. Pero foi en Salesianos onde, di, tomou conciencia de que as dúas linguas eran iguais e que así debían ser tratadas, o que supuxo un punto de inflexión.

'A cultura e a educación valen ouro' sentenzou, xa que é o que nos conforma como persoas, a base do avance social. Por isto fixo unha chamada a pór el valor a lingua e a literatura galega.Asegurou que non se pode crer na crecemento en cuestión como en investigación o desenvolvemento ou a innovación sen antes creer na cultura.

Pero entre os muros de Salesianos os seus alumnos non só coñeceron números, letras, historias. Tamén descubriron a amizada, os desgustos, o enamoramento. Anos atrás o centro non era mixto, agás no último ano antes da universidade, no COU. Cando chegaba o momento no que mozas e mozos compartisen aula, eran protagonistas de novos cambios persoais.

Diego Ameixeiras tampouco quixo deixar pasar a ocasión sen destacar o transcendente paso que deu entre a infancia e a adolescencia mentres estudaba neste centro. 'Gardo moi bos recordos, aínda que seguro houbo tamén algunha mala' asegura o lembrar este tramo da súa vida. Explica que moitas veces, cando se senta a escribir, se esforza nalgún proxecto e en parte froito do paso por Salesianos.

Na biblioteca, no patio, nas aulas os alumnos de Salesianos comezaron a tomar conciencia e a trazar o personaxe que querían ser, o papel que queren desempeñar na sociedade.

Os centros educativos durante a infancia e a adolescencia son o grupo de socialización máis importante e relevante, xunto ca familia. Aporta influencias tanto conscientes como inconscientes. A responsabilidade e a disciplina son dous trazos que todos os ex alumnos valoran do seu paso por alí. Como dixo Xosé Manuel Pacho, 'aquí convertímonos en homes e mulleres'.

Te puede interesar