Leonardo Lemos será ordenado bispo de Ourense o 11 de febreiro

O sábado 11 de febreiro ás 16.00 horas celebrarase na Catedral de Ourense a ordenación episcopal de Leonardo Lemos Montanet como novo bispo de Ourense, nun acto que presidirá o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
A última ordenación episcopal celebrada na Catedral de Ourense tivo lugar hai 15 anos e foi a de monseñor Carlos Osorio Sierra. O seu sucesor, o actual administrador apostólico, Luis Quinteiro, era xa bispo auxiliar de Santiago canto tomou posesión da diocese en 2002.

A toma de posesión realízase simbolicamente sentando na cátedra ou sede episcopal, cadeira dende a que o bispo preside a Igrexa en Ourense e que levará o seu escudo.

O lema do seu ministerio episcopal será 'Omnia in Caritate' (Todo en caridade), recollido dun pensamento do apóstolo San Pablo na Carta Primeira aos Corintios, que foi o lema tamén do cardeal arcebispo de Santiago monseñor Fernando Quiroga Palacios.

Te puede interesar