O lixo da Festa da Istoria non poderá levarse ó punto limpo de Beade

O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, amosou onte o malestar do Concello pola negativa do presidente da Mancomunidade do Ribeiro, Francisco José Fernández, a abrir o vindeiro domingo o depósito de residuos (punto limpo) de Beade para acoller o lixo que xenerará a 'Festa da Istoria' na véspera. O rexedor socialista acusa ó tamén alcalde de Leiro, do PP, de 'torpedear' e 'ter unha actitude revanchista' contra o festexo medieval, 'cando só se lle pediu que abrise o punto de recollida dúas horas (de 8,30 a 10,30) do domingo'.
Blanco suliña que 'levamos 24 anos coa organización da Istoria e agora recibimos un mensaxe de móbil no que se nos comunica que a Mancomunidade non prestará ise servizo por falta de persoal', e cifra en 20.000 quilos o volume anual medio que xenera a festa. Mentres, Francisco José Fernández remitía onte un escrito dirixido á alcaldía de Ribadavia, no que apunta que 'dende o mes de xuño, o punto limpo permanece pechado os sábados pola tarde e os domingos todo o día'.

O presidente do ente comarcal engade que, unha vez recibida, o pasado mércores, a solicitude de apertura para o domingo, 'e tras facer xestións para conquerir pesoal, foi de todo imposible, xa que haberá que cambiar as gardas de incendios'. Marcos Blanco optará pola alternativa de trasladar os residuos ata o 'punto limpo' do Carballiño, que depende da Deputación provincial.

Te puede interesar