O Museo Provincial inaugura o vindeiro xoves unha exposición sobre o docente ourensán

Lugo lembra os 50 anos de maxisterio de Ben-Cho-Shey

O ourensán Ben-Cho-Shey. (Foto: ARCHIVO)
O Museo Provincial de Lugo inaugura o vindeiro xoves a exposición 'Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968), unha mostra que recupera a figura do mestre ourensán, así como a época na que exerceu. Esta iniciativa enmárcase nas actividades celebradas co gallo do ano dedicado ó docente, efeméride instaurada pola Deputación luguesa para lembrar a Xosé Ramón Fernández Oxea, nado en Ourense en 1896 e que adoptou o seudónimo co que pasaría á historia na guerra de Marrocos.
A exposición, que se poderá visitar ata o 20 de maio, iníciase cunha lembranza á campaña do ano 1936 que avogaba polo Estatuto de Autonomía para Galicia. Esta parte estará baseada na documentación e testemuños daqueles anos. Ben-Cho-Shey chegou a ser presidente do Partido Galeguista da provincia e este apartado da súa vida constituirá un dos catro eidos nos que se estructura a mostra, que se completa cunha parte de fotobiografía e outras tituladas 'Andar e aguzar', 'Os traballos' e 'Os días de Ben-Cho-Shey.

Te puede interesar