“Malencolía” estréase este venres en 23 salas de cine galegas

“Malencolía”, a nova longametraxe do director compostelán Alfonso Zarauza, que foi rodada na comarca do Carballiño coa colaboración da Deputación de Ourense, estrearase este vindeiro venres, 25 de marzo,  en 23 salas de 17 localidades galegas. Protagonizado por Melania Cruz e Xulio Abonjo, o filme mestura terror e comedia para contar a historia dunha parella que regresa a unha aldea rural logo de vivir durante anos en Berlín.  A película tivo 11 nominacións aos Premios Mestre Mateo celebrados o pasado sábado, nos que se alzou con dous galardóns, os dos actores Diego Anido e Iolanda Muíños como mellores actor e actriz de reparto.

Te puede interesar