Manuel Baltar "lamenta profundamente" o falecemento de Guillermo Lago

O presidente provincial subliñou o "extraordinario labor realizado dende o Concello", por parte de Guillermo Lago

Manuel Baltar e todo o Partido Popular de Ourense veñen de expresar "a súa profunda tristura polo falecemento", esta tarde, de Guillermo Lago, alcalde de A Gudiña.

Guillermo Lago, manifestou o presidente provincial do PP, foi sempre un gran activo desta formación política “e tiña o máis difícil en política, que era o apoio maioritario, elección tras elección, das súas veciñas e veciños”.

Manuel Baltar, que coñecía ao rexedor dende a súa chegada á alcaldía de A Gudiña, subliñou o "extraordinario labor realizado dende o Concello", engadindo que “estaba tan ilusionado polo progreso do seu municipio como o primeiro día, sen deixar de presentar proxectos e só pensando no ben de A Gudiña”.

Baltar tamén destacou a súa presenza no partido, onde formaba parte do Comite Executivo provincial e era unha voz autorizada e respectada dentro do PP de Ourense.

O presidente provincial, aínda sorprendido pola noticia, sinalou que “todos botaremos de menos os seus consellos e acompañamos á súa dona, fillos e toda a familia nun momento tan duro e inesperado”.

Te puede interesar