ENTREVISTA/VIDA

Marcos Pardo, sentimiento y voz para perseguir un sueño

Ourense. 27-01-16. Vida. Portada Vida a Marcos Pardo.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Marcos Pardo Rodríguez.

Actualmente é un dos concursantes de "Recantos" de Luar onde defende a Ourense norte con toda a súa paixón transmite coa súa voz.

Marcos Pardo deuse a coñecer no mes de xullo na TVG, no programa Luar, onde participa actualmente como concursante  de "Recantos" representando a Ourense norte e debutando no escenario ante as cámaras interpretando unha canción de Ana Kiro. Durante os 15 segundos  que se lle permitía cantar nesa breve presentación previa ó comezo do concurso. A súa primeira actuación foi interpretando o tema “Eu son aquel”, de Raphael, e ante o mesmo Raphael, xa que era unha das estrelas convidadas aquela noite de Luar. Agora, o vindeiro 12 de febreiro, necesitará o apoio do público a través de chamadas telefónicas  ó número que lle asignarán esa noite.

Cando empezou a sentir ese “verme" polo mundo da música?
Xa dende cativo,  sempre  estaba bailando e cantando. Supoño que se pode decir que o levo nas veas.

Que lle din na casa desta faceta artística súa?
"Loita polo que queres, esfórzate e da sempre o mellor de ti". Penso que é un gran cosello e sempre me apoian, algo imprescindible para acadar este soño.

Que é o que máis lle gusta do mundo da canción?
Poder compartir co público o meu sentir e a miña paixón pola música.

Como se sente sobre o escenario?
Síntome cheo de forza, con moita gana de poder ofrecer todo o que sinto, pretendendo transmitir a historia que conta o tema que na ocasión me toque, meténdome na canción coma se fose vivida e cantada por vez primeira; penso que é moi importante o sentimento.


Ademais de cantar tamén é compositor... como leva esta labor?
Con moita ilusión e cariño, compartindo nas redes sociais os temas que vou creando, procurando facelo dun xeito singular e orixinal. As miñas cancións sempre procuran dar unha reflexión, indagando e profundizando nas sensacións que nos invaden en determinadas circunstancias da vida, coma se dunha conversa se tratara; unha á que lle teño moito cariño titúlase “Galicia miña terra”, e compúxena para cantala no día de Galicia  o ano pasado. Gústaríame trasladar  ao espectador unha impresión de haber estado conversando, case máis que haber estado escoitando cantar a un rapaz; crear esa conexión coas persoas é primordial para min.

Como ve o mundo da canción en Galicia na actualidade?
Coa evolución propia dos medios que avanzan co paso do tempo, axudando a persoas que coma min procuran un oco nel. Evidentemente hai moitísima xente chea de talento, que canta, toca instrumentos, baila... Por iso é imprescindible ofrecer todo aquelo que poidamos aportar, cousas que nos caraztericen, que fagan ás persoas lembrarse de nós, pero sempre dun xeito bonito e cos pes na terra, elegantemente diría eu.

Cales son os seus proxectos máis inmediatos?
Gravar un  disco e ofrecer unha pequena xira polo territorio galego, sen deixar de compoñer  e escribir; de feito levo tempo escribindo unha novela que ultimamente teño un “pouco” esquecida por estar tan dedicado á música... E por suposto que quero mellorar todo o posible, aprender, aprender de toda esta experiencia  e formarme para poder ser un artista completo e profesional, camo desexa toda persoa na súa profesión.

Te puede interesar