Infraestruturas

En Marea esixe a Ábalos que aclare se vai facer a auditoría dos prazos do AVE a Ourense

A deputada deste partido no Congreso, Alexandra Fernández, pregunta ao Ministro se pode garantir o prazo de finais de 2019 para que os trens estean en proba

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou no rexistro da Cámara unha serie de preguntas dirixidas ao Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, para pedirlle explicacións con respecto á auditoría que se vai levar a cabo sobre o estado dos tramos AVE a Ourense que están aínda sen rematar.

Fernández destaca que os prazos temporais de execución e remate do tren de altas prestacións a Galicia sempre estiveron envoltos na inestabilidade, en continuas demoras e incumprimentos dos prazos que se foron prolongando.

Ademais, sinala que “o actual gabinete ministerial sementou certas dúbidas sobre o seu cumprimento. O prazo actual suponse que era o do último trimestre de 2019, no queen teoría os trens estarían en periodo de probas. O Ministro actual cuestionou a información que se foi dando e incluso apuntou á necesidade de levar a cabo unha auditoría para comprobar se é posíbel que se cumpra coa data”.

Neste sentido, Fernández pregunta ao Ministro se pode garantir o prazo de finais de 2019 para que os trens estean en probas e cal é o seu compromiso coa aprobación dun Tren de Cercanías en Galicia nas áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, además de demandarlle a mellora do tren de media distancia.

Te puede interesar