ENTREVISTA

Marisol Díaz: “Quero ser o cauce de transmisión do que me pidan ante as Consellerías”

photo_camera A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, no seu despacho.

A nova delegada da Xunta en Ourense quere unha administración autonómica modélica e tenta convertirse en cauce de transmisión das inquedanzas e peticións dos ourensáns ante o Executivo galego.

A nova delegada da Xunta en Ourense quere unha administración autonómica modélica e tenta convertirse en cauce de transmisión das inquedanzas e peticións dos ourensáns ante o Executivo galego. Marisol Díaz Mouteira, que leva 10 días reais á cargo da Delegación, onde relevou a Rogelio Martínez, di que a Xunta administra os recursos para axudar en todo o que pode e eso tradúcese nuns presupostos para o 2016 que avanzan no reequilibrio territorial.
 
Por que foi vostede a elexida? Trátase dun premio tras ser durante anos o relevo doutros en moitos cargos?
Non sei se se debe considerar coma un premio. É verdade que sempre estiven á disposición do partido e acudín ao que se me dixo porque entendía que formo parte dunha formación onde, cando se me chama, entendo que é porque teño algo que aportar. Que cando se vai alguén, vou eu? Non sei, pero creo que aporto seriedade, traballo, responsabilidade, compromiso e, sobre todo, lealdade. Tamén puido influir o meu coñecemento da administración autonómica pero eso habería que preguntarllo ao presidente da Xunta, que foi quen me chamou.

Que obxectivos se marca para, alomenos, este ano de xestión que lle queda ata as eleccións autonómicas?
Quero coñecer con detalle as necesidades das xefaturas territoriais e gustaríame reorganizar os servicios administrativos e espacios. Agora temos unha pranta baleira, e eso non pode ser cando se están a pagar alugueres. Temos un activo importante, que é este edificio, más o da antiga Cámara da Propiedade, que pretendemos rehabilitar progresivamente. Tamén quero formar un equipo pechado cos xefes territoriais, con maior presenza destes nos actos comigo. A eles lles pido talante, cercanía e diálogo coa xente. E todo o que se me transmita de Ourense, xestionalo.

Onde quedou aquel proxecto, penso que de antes da crise, de construir un edificio administrativo onde aglutinar tódolos servizos da Xunta?
Non sei se será axeitado dicir que é agora inviable, pero co edificio enteiro que temos ao lado do Pazo de Xustiza vello, máis a actual Delegación, os servizos administrativos da Xunta a nivel de inmobles queda cuberto. Eso si, non solucionaría o tema do cidadán, de ter as oficinas concentradas para que poidan resolver os seus asuntos no mesmo edificio. Pero podemos empezar por aí e deus dirá se se pode despois abordar un edificio único.

Será vostede a intermediaria de Ourense en Santiago as demandas desta provincia?
Si, quero ser un cauce de transmisión do que me pidan colectivos, alcaldes, a administración, coas distintas consellerías. E á inversa, que elas me transmitan qué proxectos podemos desenvolver y cómo tirar por Ourense.

Xa tivo reunións con alcaldes, o xoves mesmo con moitos, para expor as políticas sociais da Xunta. Que lle piden?
Que solucionemos as súas necesidades, que son moitas. Antes de facer a ronda coas consellerías, quero escoitar a tódolos rexidores posibles -temos citas con eles tódalas tardes, uns catro ou cinco cada día- para coñecer as súas demandas, e levalas a Santiago. Piden, sobre todo, medidas para prevención de incendios, centros de día porque teñen moitos maiores, interésanse polas casas nido, o bono coidador. 

E realmente a Xunta interésase o polas peticións que vostede lle fai ou fará chegar? Dirame que si, claro.
Pero é verdade. Escoita e creo que é plenamente consciente das necesidades dos concellos e da provincia. Pero a situación é a que xa sabemos; claro que lle gustaría ter contentos a todos, pero hai que administrar e priorizar.

Nese contexto, o borrador de presupostos autonómicos satisfácea; realmente axuda ao reequilibriro territorial de Ourense?
A cifra pode parecer escasa pero pense que hai unha inversión volcada especialmente nos asuntos sociais porque, durante a crise, a política centrouse máis no aspecto económico, no aforro, en sobrevivir, en manter emprego; agora, con esta pequena recuperación, as familias, que sofriron máis esta situación, teñen que ser os primeiros beneficiados. E así vai ser, pense nas guarderías, o cheque bebé, melloras na sanidade e educación.

Pero a provincia segue a despoboarse e o envellecemento é moi acusado. Non hai presuposto que consiga reverter esa situación. Cal sería a súa receita?
Non hai unha solución única. Por moito que se axude con garderías, centros, as familias son as que deciden cantos fillos poden ter en función das súas posibilidades. Outra cousa é o envellecemento; aí si que hai que potenciar o rural, o sector agrario para que esa parte do territorio non esmoreza, e que moitos que fuxiron del, volten. 

A oposición política acusa á Xunta de ter un trato de favor co Concello de Ourense, agora que goberna o PP. É así, tratan vostedes a tódolos concellos por igual, ao marxe da súa cor política?
Non creo. Sexas goberno ou oposición, sempre ten que ser unha alegría que primen a Ourense. Esa é unha manifestación fóra de todo lugar. Penso que o trato da Xunta cos concellos é equitativo, e debe ser así.

Que espacio político percibe despois do 20-D, en España?
Espero que sigamos como estamos; as circunstancias tralo 24-M plantexan dúbidas pero dende o Goberno central fíxose unha xestión maravillosa en momentos moi dicifíciles. Pero penso que ou non se transmitiu á poboación ese esforzo por evitar o caos, porque nos centramos na recuperación económica, e esquecimos un pouco ás familias. Non se entendeu pola poboación a importancia desas políticas pese a que estamos a  ver xa os frutos desa xestión.

E en Galicia, o PP ten aval suficiente para seguir gobernando?
Coido que si e se está a demostrar cos presupostos. Pasa como a nivel de Estado cando viamos, ao chegar ao poder, que a situación era caótica. É moi bonito políticamente que todo sexa gratis cando eso non se pode sosteñer; que os beneficios vaian en función da renda, non pode ser o de café para todos. Agora vaise ver como se compensa ese caos, e eso será un aval suficiente para que Feijóo goberne; ademáis, a división da oposición non favorece a alternativa.

A súa nova responsabilidade cambiou o seu traballo pero tamén impactou na súa vida persoal. A que tivo que renunciar dende o 13 de outubro, cando tomou posesión?
Primeiro, este cargo, se tiña que vir, fíxoo no mellor momento. Porque teño un fillo que acaba de cumprir 18 anos e comeza a Universidade; está fóra, pois, da casa. E tamén lle podo dicir que nestes 10 días non puiden comer nin un só día na casa e vexo ao meu marido a partires das dez e media da noite. Esto oblígame a renunciar á vida de familia, aínda que están acostumados. E cóstame renunciar ao meu café coas compañeiras desta Casa, algo que para nós era importante; chamámoslle café terapia, porque compartimos inquedanzas e reflexións. E, claro, a caña cos amigos, que tanto me gusta. Espero que esto se normalice pouco a pouco.

Tampouco terá tempo para ver a súa serie favorita de TV. Cal é, por certo?
Claro. Unha bágoa porque de noite gústame todo, engánchome a todas, agora estou con "Mar de plástico", "Velvet", etcétera. 

Amante da lectura?
Si, moito. Na librería perto da casa de Portonovo, cando remata o verán, xa non saben que venderme porque leo de continuo; non sempre son best sellers, agora collo o título que me é suxerente, e acerto. Estou lendo, pois, "Puerto escondido", de María Oruña. Agora teño menos tempo pero a ver como o consigo.


Amante do aire libre? Da praia sei que si.
Aire libre da montaña non tanto, aínda que son de Baltar e ese é un entorno inmellorable. Pero o meu é o sol e a praia, paseo cos amigos e tomar unhas tapas; xa dende que o meu fillo era pequeno.

E da boa comida?
Tamén. E gústame todo, son de moi bo dente, dende callos a pratos de diseño, marisco, ensaladas e pescado. 

A Xunta invertiu 17 millóns de euros nun Pazo de Xustiza que non deixa de dar problemas. Que pasa co edificio, é culpa dos arquitectos, de quen o construiu? É axeitado, viable? Ou non serve?
Foi o edificio máis visitado do mundo mundial mentres se construía, por tódolos colectivos. O proxecto foi aprobado cos parabéns de todos. Non está mal, pero critícase ata que se adapte ás necesidades e se regulen os servizos. É unha adaptación. Poden pasar cousas coma a do cristal que caiu, pero é unha mala sorte. Cecais foi un fallo puntual pero o inmoble é cómodo, funcional, aínda que si lle vexo unha pega: o servizo de atención ao cidadán, que non está na pranta baixa, como debería estar. 

A política de incendios, que é un labor da Xunta, está a xerar moitas críticas cando chega o lume, o monte non está limpo e os medios non dan abasto. Como prever eses riscos? 
O gran tema é a prevención. Hoxe mesmo (polo venres) a conselleira de Medio Rural dixo en Ourense que se vai centrar especialmente nese tema, sobre todo no desbroce. É a prioridade e así o vai transmitir aos seus directores xerais. 

A Xunta está a ampliar o CHUO pero cun modelo de financiación público-privada que xera moitos problemas no novo Hospital de Vigo. Augura unha situación similar en Ourense?
O de Vigo é un erro, non se transmitiron ben as cousas ou non se fixeron entender. Pero os hospitais son públicos, outra cousa é que nun momento de difícil situación económica se tivera que asumir este modelo, que é factible e viable, si se fai ben. Non afecta á calidade asistencial nin á atención ao cidadán. E, sen dúbida, a construcción do edificio de hospitalización é unha excelente noticia para a sanidade ourensá, unha inversión e uns medios moi necesarios para atender á poboación, como o é a construcción do centro de saúde de O Couto, que estará rematado a finais de 2016. 

Te puede interesar