urbanismo

Medio Ambiente asigna 1,69 millóns de euros para as áreas de rehabilitación integral da cidade

Ao concello de Ourense únense os de Castro Caldelas, Celanova, Ribadavia, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía, que tamén se beneficiarán destas axudas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará un total de 1.690.573 euros ás áreas de rehabilitación integral -ARI- do concello de Ourense. Ademais desta partida asignada, Ourense disporá dun total de máis de 5,4 millóns de euros pendentes de convenios asinados en 2015 e 2017.

Ao concello de Ourense súmanse os de Castro Caldelas, Celanova, Ribadavia, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía, que tamén recibirán fondos para as súas áreas de rehabilitación por un importe de 344.509,13 euros.

Estas medidas diríxense aos propietarios de vivendas ou edificios, ás comunidades de propietarios e as súas agrupacións, os consorcios e os entes asociativos de xestión. Tamén poderán beneficiarse das axudas os propios concellos para levar a cabo actuacións de urbanización dentro das ARI.


Subvencións


O importe das axudas contemplan ata un 40 % do custe subvencionable da actuación. Este límite poderá alcanzar o 75% cando os ingresos da unidade de convivencia sexan inferiores a tres veces o IPREM, cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade ou  se acredite que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

Neste sentido, as axudas incrementaranse nun 25% cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos con menos de 5.000 habitantes.

Te puede interesar