Medio Ambiente inviste 422.000 euros na rede de Oímbra e Muíños

A Xunta de Galicia licitou onte o proxecto de saneamento e abastecemento de auga no Concello de Oímbra e a construcción de infraestruturas hidráulicas no Concello de Muíños. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá máis de 222.000 euros nestas obras, que beneficiarán a máis de 2.000 veciños do concello ourensán de Oímbra.
A actuación no núcleo do Rosal consistirá na renovación da rede de abastecemento e saneamento, mediante a instalación de novas tubaxes e pozos de rexistro, ademais da execución dunha rede separativa de pluviais. O proxecto inclúe o soterramento das liñas eléctricas, de alumeado público e de telecomunicacións.


PARROQUIA DE PRADO

Asemande, a Xunta, a través de Augas de Galicia destinará 200.000 euros para a realización de traballos de mellora do saneamento e abastecemento na parroquia de Prado (Muíños), sistemas que contan cunha serie de deficiencias sobor de todo no verán.

O proxecto centrarase na construción dunha depuradora prefabricada para 250 habitantes que resolverá as carencias da anterior infraestrutura e un depósito de 100 metros cúbicos de capacidade á beira do tanque existente nas Veigas. As actuacións inclúen a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas obras e o acondicionamento do camiño de acceso ao depósito.

Te puede interesar