DANZA

A mellor danza contemporánea iberoamericana chega a Ourense co festival 'SóloDos'

1op1123_result
photo_camera Representación de danza no Claustro de San Francisco.

Este certame chega por primeira vez a Europa e nel participarán artistas chegados de países como México, Costa Rica, Alemaña e Portugal

Os días 23,24 e 25 de novembro, se celebrará no Auditorio Municipal de Ourense o Festival Internacional Sólodos en Danza, que foi presentado no Claustro de San Francisco. Trátase dun Festival que se leva celebrando cinco anos en América e que chega por primeira vez a Europa. Para a súa celebración chegarán a cidade artistas procedentes de México, Costa Rica, Alemaña e Portugal, así como de outros puntos de España como Barcelona, Alacante ou Palma de Mallorca. 

O día 23 terá lugar a inauguración do Festival e a benvida aos artistas internacionais  cunha breve intervención artística no Claustro de San Francisco. O mexicano Jesús Ramírez bailará un extracto da súa obra 'Nacemento, Vida, Morte'. 

O día de 24 se celebrará a actuación para escolares que ten como obxectivo desta actividade é achegarlle á mocidade as artes escénicas. Ese mesmo día, haberá obradoiros de formación e clases gratuítas. 

O dia 25 de novembro ás 11 da mañá terá lugar o Foro-Danza Cooperación Cultural Iberoamericana,no que intervirán diferentes artistas vinculados á xestión cultural de España, México e Costa Rica. Ese mesmo día terá lugar a clausura do Festival cun total de seis coreografías de creadores e intérpretes iberoamericanos que competirán por varios premios que lles permitirán participar nunha xira e varios eventos en Iberoamérica no vindeiro 2017. A compañía galega Quique Peón Cia actuará para pechar o Certame. 

Te puede interesar