O mellor docente volveu ao seu pupitre de infancia

photo_camera El ourensano, que recibió recientemente este reconocimiento por su labor en la Universidade de Santiago de Compostela, visita su escuela, el Colegio Concepción Arenal

O ourensán Alexandre Sotelino, doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago, viviu onte “un dos días máis bonitos da miña vida”. Así o confesaba o gañador do premio a mellor docente universitario de España de 2021, un galardón (considerado o “Goya” da Educación) que entrega Abanca anualmente. Sotelino volveu onte ás aulas, pero ás que pisou de neno. O colexio Concepción Arenal da cidade, no que estudou este ourensán, fíxolle unha homenaxe ao seu “insigne” estudante. Os profesores do centro, especialmente os máis maiores, sacaron os álbumes de fotos para lembrar a promoción de Sotelino e as anécdotas da súa época escolar.

Sotelino é profesor na Universidade de Santiago e alí investiga na área de psicopedagoxía, pero está permanentemente ligado a Ourense. En concreto, á vida cultural. É o organizador de Rebulir, unha asociación de Ramirás que se adica ao baile tradicional galego e que organiza unhas xornadas populares. 

“Estou moi emocionado con este acto, é unha das cousas máis bonitas que me trouxo este premio”, manifestaba onte na súa antiga escola. “É moi bonito encontrarme con profesores que me deron clase en Primaria, Infantil e na ESO. É un dia para a lembranza, véñenme a memoria moitas cousas”, engadía onte mentres observaba os álbumes con fotos dos compañeiros. Un consello para os docentes que veñen: “Que miren o que pasa fóra da escola, hai que deixar que a realidade entre nas aulas”. 

Por outro lado, o gañador do premio a mellor docente universitario, explica que “marca” máis a etapa escolar que a universitaria no alumnado.

Te puede interesar