Mellora dos accesos ao encoro de Cachamuíña

A obra, xa en marcha, ensancha o vial de acceso desde Pereiro, no que se construirán dúas sendas

Os accesos ao encoro de Cachamuíña dende a capitalidade de Pereiro de Aguiar están a ser mellorados. Trátase dunha obra longamente demandada e que agora se acomete coa colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia. Dotarase de sendas peonís ao longo dun tramo perigoso por carecer de arcén, o que dotará de maior seguridade ao víal sobre o que se executa. 

“A relación da capitalidade do concello con encoro é intensa e increméntase constantemente . Cada día máis xente que acude a Cachamuíña utiliza o núcleo do Pereiro como  base para a partir do mesmo acceder levando a cabo un paseo que pouco mais de un kilómetro e medio”, explicou o rexedor de Pereiro, Luis Menor. 

A estrada que comunica Pereiro e o encoro presenta un déficit que fai que non sexa totalmente segura para os peóns. Por iso, a obra ensanchará o vial, ao cal se lle engadirán dous paseos, separados da calzada a modo de senda, de practicamente dous metros en cada lado.

A primeira fase, que é a que esta en execución, consiste no movemento de terras para sentar a base da ampliacióne as futuras sendas.  A segunda fase, que se fará de xeito inmediato, será a construción de ambas as dúas sendas, cada unha con dous metros e integradas na contorna. Tamén se canalizarán augas pluviais, se construirán muros de contención, se canalizarán os servizos de abastecemento  para alumeado público e se levará unha pequena pasarela nun tramo próximo á aldea de Pereiro de Alén.

Te puede interesar