cultura

"A memoria moitas veces doe"

oseira_result
photo_camera Centos de persoas maniféstanse en O Carballiño en repulsa aos asasinatos.

Xosé Ramón Ermida e Francisco Rodríguez presentan este mércores no Auriense o libro sobre a masacre que viviu Oseira no ano 1909

O son das balas retumbou en Oseira o 22 de abril de 1909. Foi o desencadeante dun conflito que se alongaba desde  o ano anterior e que mantiña en pé de guerra aos veciños de Cea fronte ao bispo de Ourense, que pretendía levar da igrexa do seu mosteiro un baldaquinado barroco. Ninguna das partes deu o brazo a torcer, e esa mañá de abril chegaron para retiralo varios carpinteiros custodiados pola Garda Civil. A firmeza dos veciños foi inquebrantable. "Ata que o teniente Gumersindo Salinas decidiu abrir fogo contra os que protexían o seu tesouro", explica Xosé Ramón Ermida Meilán, que xunto con Francisco Rodríguez, falarán do libro que escribiron ambos sobre estes feitos. A cita é este mércores día 4 no café cultural Auriense, a partires das 20,00 horas.

Os feitos ocorridos nesta vila protagonizan a segunda entrega de "A rebeldía galega contra a inxustiza", que recibe o nome  "Que se vaian todos! Conflito, loita e morte en Oseira", en honor aos apupos que se escoitaron nas manifestacións de protesta que se repetiron despois dese sanguento día.


Rachar cos tópicos


Din os autores do libro que quixeron falar deste feito porque "é necesario rachar co tópico dunha Galicia sumisa ao longo da historia", sentencia Meilán. E foron moitos os persoeiros galegos que se implicaron nesta causa. Fíxoo Blanco Amor escribindo "Xente ao lonxe", e acompañárono  Eugenio López Airillo e Álvarez Novoa, xornalistas da época que tiveron que fuxir por falar do que os poderosos non querían escoitar, porque "a memoria doe", di Meilán. Tamén Basilio Álvarez, cabeza do movemento agrario de O Carballiño, vila que se convertiu no centro de protestas en apoio aos asasinados na aldea veciña. 

As ondas de solidaridade chegaron tamén a Cuba. Moitos quixeron mostrar a repulsa a tanta violencia inxustificada. Detrás desta historia hai máis que coñecer.

Te puede interesar