COMERCIO EN BARBADÁS

Mercar en Barbadás para o Día do Pai terá premio

Acto de presentación da campaña na Valenzá (M.P.)
photo_camera Acto de presentación da campaña na Valenzá (M.P.)

Coas compras nos 20 establecementos de Barbadás participantes, os clientes poden participar no sorteo de vales de 50 euros

 

Unha vintena de comercios de Barbadás participan na campaña organizada polo Concello polo Día do Pai. Así o destacou a concelleira de Comercio, Marga Pérez, no acto de presentación celebrado onte. A campaña estenderase ata o 19 de marzo e repartirá un total de seis bonos de compra por valor de 50 euros entre outros tantos clientes afortunados.

“Invitamos a mercar no comercio local de Barbadás a todos os veciños e veciñas, tamén aos de concellos próximos, xa que os negocios ofertan unha gran variedade de propostas de calidade”, manifestou Pérez. Ao longo dos vindeiros días, os clientes dos comercios participantes recibirán unha papeleta que deberán encher cos seus datos persoais. Logo, será introducida nunha urna para o sorteo dos devanditos seis vales. En cada sorteo “serán os nenos e nenas que participen nos obradoiros e na animación so que escollan as papeletas premiadas”, segundo explicaron fontes municipais.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, subliñou que o comercio representa unha gran aportación á economía do concello e animou aos comerciantes a unirse para ser máis fortes: “O comercio deste concello é de gran calidade e serve para atraer poboación. Por iso, convido aos negocios a que aposten polo asociacionismo, para seguir mellorando e para achegarse á veciñanza e a outros mercados”, dixo o rexedor socialista.

Te puede interesar