A Mobile Week opta a un premio de innovación

Sesión de Cora Novoa na Mobile Week de Ourense.
photo_camera Sesión de Cora Novoa na Mobile Week de Ourense.
Está seleccionada na categoría de “Mejor estrategia de igualdad digital”

A Mobile Week Ourense 2022 foi seleccionada polo xurado dos premios do XII Congreso Nacional de Innovación y Servicios Públicos (CNIS), que se celebrará o 13 e o 14 de decembro en Madrid baixo a organización do Club de Innovación e o Ayuntamiento de Madrid.

A iniciativa está nominada na categoría de “Mejor estrategia de igualdad digital sostenible” xunto ao proxecto de “Amigabilidad digital”, da Deputación Foral de Bizkaia, e “Dispositivos accesibles con Escritorio Virtual de Interacción Digital (EVID)”, do Ministerio de Justicia.

Os premios do CNIS seleccionan ás mellores iniciativas públicas arredor da dixitalización dixital e cultural do sector público, en apartados como “Mejor proyecto consolidado de innovación pública”, “Mejor modelo de digitalización”, “Mejor proyecto de incorporación de tecnologías emergentes”, “Premio a la mejor estrategia integral de datos” ou “Mejor proyecto de consecución de los ODS”. A Mobile Week de Ourense foi o único proxecto galego seleccionado polo xurado desta edición.

Te puede interesar