Morre o poeta ourensán Eduardo González Ananín

Eduardo Ananín
photo_camera Eduardo Ananín

Poeta da saudade e a denuncia social, Eduardo González Ananín, faleceu aos 97 anos

"No confíes ¡oh músculo! jamás, en quien te oprime/ Cuanto más parlotean más te asfixian... "

Eduardo González Ananín, poeta de Pereiro, o sitio de San Bernardo de Tibiás, faleceu aos 97 anos. 

Ananín poeta autodidacta foi discípulo do mestre e escritor da II República Manuel Luis Acuña, e na sua longa viaxe literia  ten obras individuais e colectivas en castelán e galego. González Ananín foi membro do grupo literario Dolmen, creado nos anos noventa na cidade. Emigrado a Arxentina, alternou estancias con Galicia durante 30 anos. A súa poesía, a voz da denuncia social e do rexeitamento ás inxustizas, publicouse en poemarios colectivos e en individuais, tanto en castelán como en galego. "Rol de cantárida", "Tiempo inesperado", "Subida al mar" ou "Tierra compartida" son algúns dos títulos da súa obra literaria. En Bos Aires tamén participou en programas radiofónicos como "Recordando a Galicia" ou "Palabra Invicta".

Como recordaba Elisabet Fernández en marzo de 2018 trala homenaxe ao poeta no Liceo ourensán, os que coñecían Ananín din que sempre saudaba cunha aperta, unha sensibilidade que se estendeu á súa obra literaria.

"Un home empadroado en existenciais exilios, que conviviu coa saudade e profillouna como camiño de retorno", decían dende o Liceo do poeta agora falecido. "A súa vida foi entre Galicia e Bos Aires, pero cando estaba fóra sempre desexaba volver. Esa nostalxia quedoulle gravada", explicaba José Luis Troitiña, Ananín emigrou a Arxentina en 1951 e regresou ao seu Ourense natal en 1983, pero durante os 30 anos que estivo ao outro lado do charco, sempre volveu á terra, alternando estancias.

Foi un home comprometido co seu tempo, publicou tanto en castelán como en galego. "Alegato contra casi todo" é un dos seus traballos, exemplo da denuncia social que empregaba nos seus versos. "Ananín é un poeta fundamentalmente civil, cunha denuncia constante, rebélase en contra das inxustizas", decía o Liceo Manuel Blanco, con quen compartiu tertulia literaria no grupo Dolmen. A homenaxe en vida a Ananín servía para recoñecer–ou coñecer– a un poeta do que din que non se gababa a si mesmo, malia súa capacidade creativa e a súa poesía de denuncia.

Te puede interesar