Mostra de VinculArte sobre a crianza de nenos

O grupo VinculArte botouse a andar con proxectos dirixidos ás familias en torno á crianza e a educación dos cativos, todo mediante colaboracións voluntarias. O seu primeiro proxecto é unha exposición fotográfica 'A crianza con apego é a nosa forma de cambiar o mundo', en diferentes establecementos da Valenzá (Barbadás).
Para comenzar a súa andaina, realizáronse fotos de familia nas que se transmiten valores como o respecto e a confianza, a lactancia ou a importancia do contacto físico. A mostra, que está nos distintos escaparates de comercios emplazados na Valenzá, partirá en maio para otros negocios da cidade de Ourense. Asemade, entre outras actividades, o grupo pretende levar a cabo o préstamo del ibros, o troque ou compraventa de artigos de segunda man, obradoiros infantís, encontros profesionais para aclarar dúbidas en torno á alimentación, embarazo, parto, porteo ou seguridade infantil.

Según aclaran as mulleres promotoras, ó grupo está aberto aquelas persoas que amosen interese e sensibilidade pola crianza respetuosa. Ata agora, están desenrolando encontros quincenais os mércores na Rúa do Ensino no local social da asociación de veciños San Bernabé. Está presente nas redes socais e no enderezo electrónico [email protected].

Te puede interesar