“Móvete por Nogueira" deseña unha nova ruta de sendeirismo

Achado Nogueira2
photo_camera "Pseudomenhir" do Penedo Furado.

Esta ruta permitirá coñecer numerosos elementos do patrimonio de Nogueira de Ramuín e atravesará por paisaxes espectaculares

O colectivo "Móvete por Nogueira" está a traballar na confección dunha nota ruta de sendeirismo, que inaugurará nos primeiros días do próximo mes de febreiro. A ruta terá 16 kilómetros de lonxitude e levará o nome de "Camiño da Amargura", lembrando a senda que seguían os condenados pola Inquisición, logo de ser xuzgados no mosteiro de Santo Estevo e que eran axusticiados no lugar coñecido como Chao da Forca.

Esta ruta permitirá coñecer numerosos elementos do patrimonio de Nogueira de Ramuín e atravesará por paisaxes espectaculares, nos que se configuran tamén perfís graníticos de gran beleza. A mais recente incorporación a este parque granítico é o "pseudomenhir " do Penedo Furado, que ten once metros de altura e a súa orixe foi diagnosticada por membros da Asociación de Estudios "Santa Mariña de Augas Santas".

Te puede interesar