O Museo da Limia pide as Letras Galegas 2024 para Antón Tovar
O Padroado do Museo da Limia presentará hoxe o expediente solicitando a dedicación do Día das Letras Galegas 2024 ao poeta limiao, Antón Tovar
Varios representantes do Padroado do Museo da Limia, encabezados polo seu presidente, Delfín Caseiro, entregarán hoxe pola mañá os “actos, documentos, publicacións, adhesións, e centos de sinaturas” incluídos no expediente de Antón Tovar que se lle vai entregar ao presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes.
Nado na Pereira (Rairiz de Veiga) o 26 de outubro de 1921 e finado en Ourense o 16 de xuño de 2004, Tovar foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. “Arredores” ou “Calados Esconxuros” son algúns dos seus poemarios máis destacados en lingua galega.
Esta petición non é nova, xa que dende o padroado do museo limiao levan insistindo dende 2019 na necesidade de adicarlle o máximo recoñecemento a un autor en galego ao poeta, que se convertería no undécimo ourensán galardoado. Seguiría a lista que iniciou Curros Enríquez no ano 67 e cuxo último integrante é o de 2022, o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
8 AL 11 DE JUNIO
La Fiesta del Cine regresará con entradas a 3,5 euros
CRÓNICA PERSONAL
Adiós a Soledad Gallego-Díaz, una espléndida periodista