entrevista

"Nin a televisión nin o cine teñen a emoción do directo do teatro"

20170608224256674_result
photo_camera Mercedes Castro.

Para a actriz Mercedes Castro, o teatro é "xogo, disfrute, paixón, imaxinación e, no fondo, é miña forma de vida". Hoxe recala en Ourense coa obra "A noiva de Don Quixote". A cita é no Teatro Principal, ás 21,00 horas

De que trata “A noiva de Don Quixote"?
É a defensa de Dulcinea, da utilización que fai Cervantes sobre o seu papel. No espectáculo, reivindícase e enfróntase cos personaxes que sempre foron en contra dela e nunca a tiveron en conta.

Vostede é a única voz deste espectáculo. Por que se presentou coma un monólogo?
A verdade é que me apetecía abordar un persoal, e pedímoslle a José Luis Esteban -autor do guión- que nos escribise un texto actual, e propúxonos este, que aínda que “O Quixote" está tocado, non está de máis abordar esta parte feminina.

Pode resultar chamativo reparar en Ducinea e levala a protagonista...
Si, é un dos personaxes principais de “O Quixote" pero que Cervantes case pasa por alto, a penas ten unha ducia de páxinas.

Que acollida está a ter a obra?
Polo momento está sendo boa. O espectador pode saír reflexionando ou non, pero trátase de que pase unha hora de espectáculo, que se enganche, se divirta, e que ao final lle aporte algo. E eu creo que eso si o estamos a conseguir.

E persoalmente, que lle está a aportar a vostede?
Cando te enfrontas ao papel tes que ir ao disfrute para poder trasladalo ao espectador, sobre todo estando soa en escea. Iso faiche crecer como persoa e como actriz.

Pero esta non é a primeira vez que te enfrontas a un monólogo...
Non, este é o segundo. A primeira vez que o fixen dixen "non volvo facelo", pero xa ves que "volvín beber desta auga".

Televisión, cine ou teatro?
O teatro é a emoción do directo, a improvisación, e iso non o teñen o cine  nin a televisión. Quédome co teatro, que é máis cercano. 

Te puede interesar