Obiturario | Manuel Babarro, cando perdes un amigo

Cuando un amigo se va queda un espacio vacio que no lo puede llenar la llegada de otro amigo. 

O acontecer diario sempre nos dá sorpresas. E algunhas, por seren tan inesperadas, deixan feridas que tardan moito tempo en curar;  mellor,  que  nunca curarán  na súa totalidade. 

Vai pra un mes  que un amigo,  co que compartín bos momentos, deixounos. E fixo sen despedirse nen avisar. Marchou de súpeto  sen dar unha sinal de alarma. E como a sorpresa foi tan grande  a ferida aínda non pechou  e moito me temo que non o fará nunca.

Con Manuel Babarro  persoa a que  apreciaba uníame unha amizade de moitos anos, uníame unha amizade que viña dos tempos da mocidade e que se fortaleceu na vida laboral case conxunta. E froito desa amizade saían conversas de todo o que acontecía ó noso arredor. Así falabamos da famila, da educación, da política,  da situación dos nosos concellos,  da Xunta ou do que acontecía  no  mundo. Eran conversas cheas de sinceridade e moita retranca, pois o meu amigo era unha boa persoa e un bo galego que exercía como tal. 

De Manuel gardo o recordo do trato amabel na vida cos administrados; da boa veciñanza; da vontade de facer un favor ou axudar cando o precisabas. Tamén  da súa nobleza, virtude que, nalgún  caso, non só  non foi comprendida se non que foi castigada.

Días antes do seu pasamento repentino tiven unha breve conversa con el. E nada indicaba o que logo aconteceu. E ise é o mellor recordo que me queda dunha persoa boa a que apreciba e respetaba.

“Cando un amigo se va, como dí a cantiga de Alberto Cortez, se queda un árbol caído que ya no vuelve a brotar porque el viento lo ha vencido.”

O vento derribou unha árbore boa, un carballo desta terra, unha persoa moi apreciada polos seus veciños que xa non volverá  a dar sobbra nin consellos pra seguir camiñando pola vida.  D.E.P.

Te puede interesar