Cinco obras para o regreso das “Noites Teatrais” de Vilamarín

 O auditorio municipal de Vilamarín acollerá do 11 ao 15 de xullo a XXXIII edición das Noites Teatrais, que regresan a escena logo de dous anos de ausencia como consecuencia da pandemia e cunha programación que inclúe cinco espectáculos a cargo doutras tantas compañías galegas.

A presentación deste ciclo tivo lugar no Pazo Provincial coa participación da deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres; o alcalde e maila concelleira de Cultura de Vilamarín, Amador Vázquez e Marina Rodríguez; e a xefa territorial de Cultura da Xunta en Ourense, Sandra Quintas.

Patricia Torres expresou os seus parabéns ao alcalde e maila concelleira “por ser quen de manter no tempo esta actividade teatral, conseguido para que a veciñanza do concello, pero tamén da contorna e doutros puntos da provincia, teñan marcadas estas datas no calendario”. Un auténtico compromiso, engadiu, “por achegar a cultura ao rural”. Mientras, Amador Vázquez subliñou que “esta é unha edición moi esperada porque a xente necesítao, deséxao e meréceo”. O alcalde recoñeceu o traballo de cantas persoas participan na organización deste ciclo, citando especialmente a Mariluz Villar “como pioneira nos comezos”, e á tenente de alcalde “pola elección dos espectáculos para dar na diana do que a xente quere”. Vázquez tamén tivo palabras de agradecemento para Deputación e Xunta.

O público poderá asistir a cinco espectáculos. O primeiro, o día 11, co grupo de teatro de Vilamarín exercendo como anfitrión, que baixo a dirección de Eva Tato e Galicia Gutiérrez porá en escena a obra titulada “As cuñadas”. O martes 12 representarase “O porco de pé”; o mércores, “Morte accidental dun anarquista”; o xoves, “Sós” e o venres, o peche da edición, terá lugar “Smoke on de water”.

Te puede interesar