“Unha ollada ó ceo' achega a astronomía ós mozos

'Unha ollada ó ceo' é a campaña que porá en marcha a Concellería de Xuventude para que os novos de entre 15 e 35 anos descubran os ceos e os corpos celestes.
O programa da actividade, que completa a desenvolvida o pasado decembro, foi presentado onte pola concelleira Marta Arribas, e Dosi Veiga, membro da asociación para a Divulgación Científica Ourense Astronómico.

A campaña consiste en dúas actividades, as 'Escolas lunares'e os 'Campamentos astronómicos'. A primera comenzará o vindeiro 15 de maio (tamén o 18, 21 e 24 dese mes) e consistirá na instalación de telescopios na cuberta do centro comercial Ponte Vella para observar a lúa e a súa actividade. Nunha pequena carpa se realizarán explicacións teóricas. As seguintes citas desta escola, que será de balde e sen inscripción, terá lugar en xuño no Xardín do Posío e en outubro, no Parque de Barbaña.

Mentres, os campamentos astronómicos se desenvolverán en dúas fins de semana de maio (8 e 9) e setembro (18 e 19). A primeira cita será no observatorio astronómico de Forcarei, que ten o maior telescopio de Galicia, e a segunda, no observatorio dos Biocos, na serra de Cabanas. Os interesados en coñecer o programa poden consultalo na concellería.

Te puede interesar