SORTEO

A ONCE celebra este luns o sorteo dedicado á cidade

El alcalde con representantes de la ONCE el día de la presentación del cupón en el Concello.
photo_camera El alcalde con representantes de la ONCE el día de la presentación del cupón en el Concello.

Un total de 5,5 millóns de cupóns puxéronse en circulación co escudo de Ourense impreso e a Ponte do Milenio no anverso.

Unha moeda de cinco euros acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre co escudo de Ourense no seu anverso e a Ponte do Milenio no reverso, representa a capital das Burgas no sorteo do cupón da ONCE deste luns, día 9 de novembro.

En total saíu á venda dende o pasado mércores 5,5 millóns de cupóns en todo o Estado. O negocio destes boletos emprega 50 persoas minusválidas na capital dunha provincia na que a ONCE contan cun centenar de traballadores.

Esta non é esta a primeira que o nome de Ourense aparece nos cupóns dos sorteos da ONCE, segundo recordou o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, na presentación dos cupóns. Con todo, si é a maior tiraxe, con eses 5,5 millóns de boletos.

"Para o alcalde ourensano, cinco millóns e medio de imaxes de Ourense circulando por España durante catro días a custo cero supoñen unha excelente imaxe da cidade".

Te puede interesar