A “Operación Quilo” terá 300 petos en negocios da cidade

OURENSE (CENTRO COMERCIAL PONTE VELLA). 26/11/2023. OURENSE. Caixa colocada no supermercado GADIS para o Banco de Alimentos de Ourense. FOTO: ÓSCAR PINAL

A Asociación Xuvenil Amencer presenta hoxe a “Operación quilo do ano 2023”, co lema: O soño do compromiso”. Esta campaña de sensibilización coas persoas máis desfavorecidas da cidade e leva 37 anos realizándose arredor das datas de Nadal. Consiste na recollida de “quilos” de alimentos, ademais de xoguetes para as familias empobrecidas. 

As Cáritas parroquiais farán o reparto de todo o que se recade nesta campaña, na que se  colocarán un milleiro de carteis nos escaparates da cidade, colocaranse ata o 21 de decembro carriños da compra co cartel da Operación Quilo nos supermercados para que a xente poida botar alimentos non perecedoiros e haberá máis de 300 comercios da cidade que terá petos para unha recadación económica (alimentos). Haberá tamén colaboración con perruquerías, grandes empresas ou entidades deportivas.

Te puede interesar