O ourensán Mario Rodríguez logra o premio ao mellor TFM de Bioloxía

O pai de Mario (d.) recolle o premio.
photo_camera O pai de Mario (d.) recolle o premio.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (Cobga) levou a cabo o pasado venres 26 a entrega de premios aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) presentados nas tres facultades de Bioloxía das universidades galegas. 

Nesta convocatoria foi premiado o estudante ourensán Mario Rodríguez Pérez co Primeiro Premio ao mellor TFM polo traballo “Caracterización dun modelo celular derivado de células tumorais circulantes (CTC) de cancro de mama”.

Te puede interesar