ACTIVIDADES DE VERÁN

Ourense acollerá en agosto o campo de traballo "Un rural para tod@s"

Entre o 1 e o 11 de agosto, 20 mozos e mozas participarán en Ourense nun campo de traballo de cáracter medioambiental

Ourense acollerá entre o 1 e o 11 de agosto un campo de traballo de carácter internacional, no que poderán participar mozos e mozas galegos, do resto de España e de países de todo o mundo. Unha iniciativa presentada no Concello pola directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz. 

As actividades que se desenvolverán nesta campo que leva o título "Un rural para todos" e ten un cáracter medioambiental e social, serán o acondicionamiento de terreos para uso agreoecolóxico, na dotación de elementos de apoio para as parcelas, o deseño de hortas e a plantación de verduras de outono-inverno. Además, terán actividades de formación e asesoramento na comercialización de produtos agrícolas. 

Cecilia Vázquez asegurou que estos campos de traballo " contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo". 

Prazas en todo o mundo. 

Os rapaces e rapazas de Galicia dispoñen este ano de 575 prazas para participar nos diferentes campos de traballo que se desenvolverán no resto de España e no resto do mundo. 

Te puede interesar