PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024. A cita está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia en colaboración coas tres universidades públicas galegas (Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC.
A Olimpíada está destinada a alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e o seu obxectivo é “a promoción do coñecemento e das vocacións nesta disciplina da informática tan presente en todos os ámbitos hoxe en día e necesaria para a formación integral da mocidade”. A organización da olimpíada pechou a preinscrición na competición con 20 participantes e está aberta ata o día 18 de xaneiro a inscrición final, para a que aínda quedan 16 prazas dispoñibles.
A olimpíada celebrarase de xeito presencial o 3 de febreiro na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense de 10,00 a 14,30 horas, contando coa colaboración da Facultade de Informática da Coruña da UDC e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. A competición consistirá na resolución de seis problemas nun prazo de tres horas. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación para automatizar a súa resolución, permitíndose o uso de C++, Python ou Java. Os problemas desta olimpíada soen centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.
A cita permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXVIII Olimpíada Informática Española, que se celebrará en marzo en Sevilla. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que terá lugar en setembro en Exipto. O certame está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC, como Abanca, Atos, Bahía Software ou Clúster TIC Galicia, entre outras entidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
expansión empresas
Abrir una empresa en Singapur, desde 220 euros: todos los pasos y requisitos
crisis política
El rey de Bélgica rechaza la dimisión del primer ministro