Ourense celebra su particular "First Dates"

Amor en Ourense
Este xoves, Ourense viviu o seu particular "First Dates", unha resposta a unha "necesidade ou queixa social" para atopar o amor ou facer algunha nova amizade

A cafetería Mur Marxinal vén de celebrar a súa primeira edición de 'fast dates'.  O local ubicado na rúa  Manuel Murguía, comezou o evento de citas rápidas a partir das 18,30 horas. Segundo Unha das organizadoras do evento, Laura Cadenas, "este evento tivo moita repercusión. Temos na lista 32 persoas de todas as idades confirmadas e temos unha lista infinita de candidatos". 

Segundo a organización esta xornada creouse de forma "experimental" e non negan facelo en máis ocasións "traballando máis por rango de idade ou afinidade". 

A idea surxe para dar resposta a unha "necesidade ou queixa social". Ao parecer, ao "chegar a certa idade, mudarte a unha cidade nova ou ter falta de tempo pode condicionar coñecer xente nova e por iso decidimos probar" indica a responsable do local, Goreti González

O evento durou ata as nove da noite e os organizadores aproveitaron o final do evento para preguntar "sensacións" e mellorar, dicen para as próximas sesións que poidan facer

Expectativas

Os organizadores do evento, como Laura Cadenas, indican que as expectativas da xente son variadas. "A xente ponse pegatinas para deixar claro se busca só charlas, amizade, buscar parexa ou sexo. A ver quién se ponga pegatina verde", explica entre risas.

Arredor das 19,00 horas reuniron ao variopinto grupo de entre "18 ata os 60" anos  a explicar a normativa. No intento os organizadores aludiron "ao respeto mutuo" entre os participantes.

Logo disto, os organizadores preguntaron quen quería ser voluntario para sentarse na mesas de forma fixa e logo os outros participantes estarían entre as 17 mesas e sofás dispoñibles.

Romper estigmas

O organizador, Emilio García,  precisa que esta actividade è "perfecta para romper estigmas". "O máis común è ver xente noviña, pero neste caso mirase que hai xente de máis idade aberta a falar e simplemente darse o pracer de saír da zona de confort que è moi importante", destaca. 

Tamén, expresa a organización este è un formato que pode ser como "Tinder, pero podendo ver ás persoas cara a cara" e "rompendo a forma de ver as citas como só miralo dende o romance ou dende o sexo. Conectar coas persas tamén è relevante independentemente da idade", indica Laura Cadenas.

Os participantes foron botándose e ter ás mesas cada oito minutos. "Este experimento è moi libre e ninguén vai ser obrigado a cambiarse se non quere". Indica Cadenas

Os participantes podían disfrutar de conversar mentres gozaban dos productos que ofrecen ni local. Dende pastelería e todo tipo de tés variados ata cervexa e cocktails. Tamén,  para os máis tímidos tiñan en cada mesa unhas tarxetas con preguntas con colores. "Esto o puxemos pensando na xente máis tímida ou que se queda en blanco como unha forma de dinamizar e as preguntas son cousas que nos pregu faríamos nós mesmos a. Nivel individual, tamén collemos preguntas de estudos sobre o tema e máis consultamos a unha sexóloga", relata Cadenas. Para os que fan "match" había unha opción dun reservado para gozar de maior intimidade.

Te puede interesar